As nenas e nenos participantes no campamento no CEIP Sofía Casanova desprazaranse, o vindeiro luns 27 de agosto, ao Isaac Díaz Pardo para unha xornada de iniciación á defensa persoal coa colaboración do Club Encontro Aikido.
Recomendamos que acudan ao campamento con roupa cómoda e flexible (chándal, mallas, etc.).