Normas de participación

Horarios
> Horario xeral: 09:00-14:00 horas. As familias deben ser puntuais á entrada e á saída.
O servizo de monitores non se fará responsable dos/as nenos/as que non son recollidos en tempo.

Entrada e saída dos/as nenos e nenas
> As familias deixarán e recollerán ao neno/a no lugar indicado polo equipo de monitorado: non poderán deambular polas instalación dos centros sen autorización da persoa responsable do campamento.
> Ao rematar o campamento, os nenos e nenas entregados a aquel adulto autorizado a recollelos.
> Ningún menor poderá abandonar o recinto do campamento sen autorización do director, e sempre o fará acompañado/a dos seus país ou un adulto que presente unha autorización por escrito do responsable do/a antedito/a neno/a ao director.

En caso de accidente ou doenza:
> Se un/ha neno/a ponse enfermo/a durante as actividades do campamento, o director do mesmo chamará á familia par que pasen a recollelo/a.
> Se se lesiona de importancia, chamarase á familia e acudirase o antes posible ao centro médico máis próximo co/a neno/a, ou chamarase unha ambulancia, de ser o caso.
> Se un/ha neno/a ten feble ou se atopa mal antes do inicio da actividade, polo seu ben e polo de todos, non envíe ao/á menor ao campamento.

Comunicación entre familias e campamento
> Durante a realización dos campamentos, as familias deberán ter, en todo momento un teléfono operativo onde poidan ser localizadas para comunicarlles calquera incidencia que se produza.
> Porase a disposición das familias un número de teléfono ao que poderán chamar en caso de necesidade, para comunicar calquera incidencia que teña que ver co campamento: ausencia do/a fillo/a, acudir a consulta médica, etc.

Emprego de teléfonos móbiles e outros aparatos electrónicos
> Non están permitidos os aparatos electrónicos durante a celebración das actividades (móbil, consola, etc).

Perda de obxectos
> A organización non se fai responsable da perda deobxectos durante a celebración do campamento.

Equipamento dos/as participantes
> Recomendamos a toda as persoas participantes que leven o equipamento que se lles facilitará ao inicio das actividades (camiseta), así como roupa cómoda, viseira e calzado axeitado axustado ao pe (non se admiten chanclas descalzas).
> O primeiro día de campamento deberán deixar na instalación un bañador, chanclas e toalla (para utilizar no caso dos xogos con auga), así como crema solar dentro dunha bolsa rotulada co seu nome, ademais dunha muda completa no caso dos máis pequenos.
> Todos os días deben levar auga e un tentempié (galletas, bocadillo, froita…) dentro dunha pequeña mochila.
> As bolsas, mochilas, roupa e as súas pertenzas deben estar rotuladas co nome.

Normas de comportamento
> No caso de aqueles menoes que presenten dificultades de adaptación ás actividades que se desenvolven ou problema de comportamento, previo acordo co equipo de monitorado, dirección do campamento e coordinación do programa, serán citadas as súas familias a unha entrevista na que se adoptarán aquelas medidas máis axeitadas para o correcto desenvolvemento do campamento, podendo tomar a decisión, incluso, de apartar ao/á neno da actividade.
> Os/as participantes serán atendidos permanentemente por persoal titulado e especializado durante o desenvolvemento das actividades propias destes campamentos.
> Para o correcto funcionamento destas actividades, todas e todos debemos colaborar activamente no cumprimento destas normas de participación e convivencia.




Despedida Mañás de Campamento 2018

Celebraron unha gran festa de despedida, para clausurar este bonito tempo de convivencia:  CEIP Isaac Díaz Pardo: CEIP Sof...