venres, 29 de xuño de 2018

Os nosos cadernos e as primeiras plantacións

Estes días estivemos elaboramos os nosos cadernos de campamento personalizados. Ademais, comezamos a plantar as primeiras plantas e sementes, a ver como se dan!!!

     

A próxima semana faremos unha visita ao Xardín Botánico os e as participantes do Sofía Casanova. Entregarremos ás familias unha circular informativa para que teñades en conta as indicacións:
  • Levar a crema del sol botada da casa
  • Levar consigo a bolsa coa merenda e auga
  • Levar unha gorra e calzado cómodo

mércores, 27 de xuño de 2018

Formación de equipos ecolóxicos

Xa arrancaron as Mañás de Campamento coa presentación do equipo de monitorado e a formación de equipos de participantes. Cada equipo elexíu, de forma consensuada, o seu nome, que plasmaron en murais con motivos relacionados coa temática dos campamentos "Eco-experience".

Nestas fotos amósanse varios exemplos dos murais elaborados polos equipos do Sofía Casanova.

  
 No día de hoxe, desenvolverán unha ximkana ecolóxica e elaborarán os seus propios cadernos.

sábado, 23 de xuño de 2018

Benvida ás Mañás de Campamento


O equipo das Mañás de Campamento está preparando todo para que o próximo luns 25 de xuño comece unha nova edición dos Campamentos que concilian 2018 do Concello de Culleredo.

Este verán viveremos unha auténtica Eco-experience!!

A ecoloxía e o respecto ao medio ambiente serán a temática central sobre a que xirarán as actividades e xogos das vindeiras semanas. Deste xeito, desde as Mañás de Campamento, contribuiremos a facer un concello máis ecolóxico e natural.

Ven a disfrutar connosco!


Despedida Mañás de Campamento 2018

Celebraron unha gran festa de despedida, para clausurar este bonito tempo de convivencia:  CEIP Isaac Díaz Pardo: CEIP Sof...