Xa arrancaron as Mañás de Campamento coa presentación do equipo de monitorado e a formación de equipos de participantes. Cada equipo elexíu, de forma consensuada, o seu nome, que plasmaron en murais con motivos relacionados coa temática dos campamentos "Eco-experience".
Nestas fotos amósanse varios exemplos dos murais elaborados polos equipos do Sofía Casanova.
No día de hoxe, desenvolverán unha ximkana ecolóxica e elaborarán os seus propios cadernos.