luns, 13 de agosto de 2018

Semente e igualdade no Isaac Díaz Pardo

Na xornada do xoves 9 de agosto, os nenos e nenas do CEIP Díaz Pardo, convertéronse en sementadores. Agardaremos a ver a produción que conseguen.
 
Por outra banda, hoxe tocou falar de igualdade de xénero con este grupo dos máis pequenos. Tratouse de reconducir os estereotipos que temos asumidos como normais, sen decatarnos de que isto é así, e fixeron unha reflexión que se plasmou nun mural final.

Ademais, continuaron o obradoiro iniciado na xornada anterior, que quedara pendente de finalizar. Aínda quedaba pintar o suxeita-fotos, tras ter secado.



Despedida Mañás de Campamento 2018

Celebraron unha gran festa de despedida, para clausurar este bonito tempo de convivencia:  CEIP Isaac Díaz Pardo: CEIP Sof...