Continuamos con xogos no exterior por equipos. Mañá venres será a derradeira Mañá de Campamento, agárdanos a festa de despedida.
xoves, 30 de agosto de 2018
Ximnasia deportiva e xogos no exterior
A xornada de hoxe tivo comezou cunha sesión de iniciación á ximnasia deportiva a cargo do Club Ximnasia Coruña.
mércores, 29 de agosto de 2018
As nenas e nenos participantes no campamento no CEIP Sofía Casanova trasladaranse mañá xoves día 30 de agosto ao Isaac Díaz Pardo para unha xornada de iniciación á ximnasia deportiva coa colaboración do Club Ximnasia Coruña.
Para o desprazamento cómpre que leven a camiseta do campamento.
Recomendamos ademáis que acudan campamento con roupa cómoda e flexible (chándal, mallas, etc.) para o desenvolvemento da actividade.
martes, 28 de agosto de 2018
Remate do portafotos e xogos predeportivos
No día de hoxe rematamos os nosos portafotos, actividade artística iniciada a semana pasada.
Tamén tivemos tempo para algún xogos predeportivos como o balón sentado e as pelotas voadoras.
luns, 27 de agosto de 2018
Xornada de iniciación á Defensa Persoal
Comezamos xa a última semana das Mañás de Campamento do Concello de Culleredo.
No día de hoxe, as rapazas e rapaces do Sofía Casanova tiveron unha nova sesión de iniciación ao defensa persoal coa colaboración do Club Encontro Aikido.
Saída ao contorno do Xardín Botánico
Xogo de pistas e videoforum sobre reciclaxe
venres, 24 de agosto de 2018
Xornada de iniciación á defensa persoal
As nenas e nenos participantes no campamento no CEIP Sofía Casanova desprazaranse, o vindeiro luns 27 de agosto, ao Isaac Díaz Pardo para unha xornada de iniciación á defensa persoal coa colaboración do Club Encontro Aikido.
Recomendamos que acudan ao campamento con roupa cómoda e flexible (chándal, mallas, etc.).
xoves, 23 de agosto de 2018
Ximnasia deportiva e xogos de auga
Na xornada de onte tivemos a visita do Club Ximnasia Coruña que impartíu unha sesión de iniciación á ximnasia deportiva no CEIP Isaac Díaz Pardo.
No Sofía Casanova aproveitamos o día de calor para divirtirnos con xogos de auga.
martes, 21 de agosto de 2018
Xornada de iniciación á ximnasia deportiva
As nenas e nenos participantes no campamento no CEIP Isaac Díaz Pardo disfrutarán mañá mércores 22 de agosto, dunha xornada de iniciación á ximnasia deportiva coa colaboración do Club Ximnasia Coruña.
Recomendamos que acudan ao campamento con roupa cómoda e flexible (chándal, mallas, etc.).
Formación de equipos e plantación de sementes
Esta semana comezou a derradeira quenda dos Campamentos que concilian do Concello de Culleredo.
Como adoitamos facer coas novas incorporacións, é importante a creación dos diferentes grupos de campamento, configurando o seu propio nome, que queda plasmado nos carteis.
Tamén comezamos a elaborar o noso particular horto, coas sementes que plantamos.
luns, 20 de agosto de 2018
Despedida da 1ª quenda de agosto
venres, 17 de agosto de 2018
Herbario e xogos de campamento no Isaac Díaz Pardo
Nesta xornada, o grupo tivo moito traballo coa tarefa do día: a realización dun herbario. Nunha primeira fase, houbo que facer una recolecta de material, prestando atención á diversidade das especies do centro, tomando nota para recoñecerlas e representalas axeitadamente, e na segunda fase, cada quen personalizou o seu herbario.
Obradoiro e baile no Isaac Díaz Pardo
Xogos predeportivos no Isaac Díaz Pardo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Despedida Mañás de Campamento 2018
Celebraron unha gran festa de despedida, para clausurar este bonito tempo de convivencia: CEIP Isaac Díaz Pardo: CEIP Sof...
