A xornada do venres 27 de xullo foi a última da quenda de xullo. Durante a mesma, as e os participantes de entre 6 e 12 anos puideron achegarse ao mundo dos deportes de montaña e urbanos.
Deste xeito, a sesión organizouse cunha primeira parte teórica, na que os responsables da actividade deron unha charla durante a que explicaron, entre outros aspectos, as medidas de seguridade a ter en conta durante a mesma.
Posteriormente, e organizados en grupos, puideron iniciarse no rappel, aprendendo tamén a facer nós.




Tamén experimentaron co deporte urbano "slackline" ou corda floxa.

