martes, 31 de xullo de 2018

Benvida á nova quenda

O luns 30 de xullo recibimos aos participantes da nova quenda dos campamentos de Culleredo.
 
Por diante agárdannos varias semanas de xogos e actividades, entre elas, recibiremos a Malibú, unha cadeliña que nos vai ensinar a que non haxa ningún can sen fogar.

 
                 

Tamén teremos outra sesión de iniciación a deportes de montaña, así como de achegamento á defensa persoal.
           
 
E por suposto, todas as actividades Eco-Experience!

luns, 30 de xullo de 2018

Eco-experience

Durante as quendas do mes de xullo, graváronse algún videos relativos ao coidado do medio ambiente. Aquí tedes unha pequena mostra.

Xornada de iniciación a deportes de montaña

A xornada do venres 27  de xullo foi a última da quenda de xullo. Durante a mesma, as e os participantes de entre 6 e 12 anos puideron achegarse ao mundo dos deportes de montaña e urbanos.
 
Deste xeito, a sesión organizouse cunha primeira parte teórica, na que os responsables da actividade deron unha charla durante a que explicaron, entre outros aspectos, as medidas de seguridade a ter en conta durante a mesma.


Posteriormente, e organizados en grupos, puideron iniciarse no rappel, aprendendo tamén a facer nós.

           
                                               

Tamén experimentaron co deporte urbano "slackline" ou corda floxa.

                     



xoves, 26 de xullo de 2018

Visionado spots Eco-experience

O pasado martes 24 de xullo estivemos vendo o resultado das gravacións dos anuncios "Eco-experience" que elaboramos durante o campamento.

 
Tamén fomentamos os nosos sentidos cos xogos de Kim.

luns, 23 de xullo de 2018

Xornada de iniciación a deportes de montaña

O vindeiro venres 27 de xullo, as nenas e nenos de entre 6 e 12 anos das Mañás de Campamento disfrutarán, como parte da xornada de despedida da quenda de xullo, dunha sesión de achegamento a deportes de montaña.
 
Deste xeito, achegaranse ao rappel, ao slackline e aprenderán a facer nós especiais.
 
Seguro que será un día fantástico.

Un pouco de auga para este calor !!

Co bo día que temos hoxe e esta calor.... decidimos divirtirnos cos xogos de auga, e baixar así a temperatura....



Camiña que non contamiña e máis

A pasada semana no Isaac Díaz Pardo demos a benvida ás novas incorporacións nas Mañás de Campamento. Ademais estivemos facendo un xogo de probas por equipos "Camiña que non contamiña" Aquí debaixo podedes ver algunhas imaxes das probas.
 



Tamén tivemos sesión de zumba....


Saída ao contorno do Río Trabe

Na xornada do pasado venres 20 de xullo, tivemos a saída ao contorno do Río Trabe, durante a que aproveitamos para facer unha descuberta relacionada con Culleredo, o Muiño de Acea de Ama, así como as cuestións medioambientais do propio contorno do río.

              

Por suposto, tamén aproveitamos para xogar.


venres, 20 de xullo de 2018

Trivial nature e contacontos

Hoxe venres, 20 de xullo, estamos de saída no contorno do Río Trabe. Estes días, nas Mañás de campamento estivemos coas últimas plantacións.

  

Tamén xogamos ao Trivial, pero non un calquera, senón un feito por nos, relativo á natureza.
                              

E para descansar un pouco, tivemos sesión de contacontos: O Cazo de Lorenzo.

mércores, 18 de xullo de 2018

Eco-experience. Concienciación ambiental

Estes días estivemos sementando tomatitos, a ver como se dan. Teremos que coidar as nosas plantacións.

Tamén elaboramos o atrezzo e as cancións para o anuncio de concienciación ambiental.

              

                           
     

luns, 16 de xullo de 2018

Benvida á segunda quenda de participantes

O pasado venres día 13 de xullo despedimos a primeira quenda das Mañás de Campamento e, aínda que algunhas persoas continúan, damos a benvida a todas e todos os que se incorporan no día de hoxe.


Por diante agardan moitas actividades e xogos que vos iremos contando.

xoves, 12 de xullo de 2018

Elaborando o noso herbario

No Isaac Díaz Pardo estivemos elaborando os nosos herbarios.

Primeiro estivemos escollendo as follas e flores para engadir, para despois facer as composicións por grupos.




 
    

mércores, 11 de xullo de 2018

Sesión de relaxación

Esta semana comezámola cunha sesión de relaxación para prepararmos para todas as actividades que nos agardan.

                                                                                            

luns, 9 de xullo de 2018

Saídas ao contorno

O pasado venres 6 de xullo, as e os participantes do campamento no Sofía Casanova fixeron unha saída á zona do Xardín Botánico do Burgo. Cunha parada previa, os de máis idade, para visitar a exposición de Francisco Lloréns, na Praza Europa.
No Isaac Díaz Pardo adestrámosnos por equipos nunha ximkana medioambiental.




Para o vindeiro venres, 13 de xullo, está prevista unha saída ao Parque de Acea de Ama, cos participantes no Isaac Díaz Pardo. Coma sempre, lembrade que é convinte levar a crema de sol botada da casa, levar a bolsa da merenda, con auga, unha gorra e calzado cómodo.

 

xoves, 5 de xullo de 2018

Xogos e manualidades no Isaac Díaz Pardo

No Isaac Díaz Pardo estamos facendo moitas actividades e xogos para estarmos áxiles este verán.

Ademais, realizamos as nosas propias creación en barro. Somos artistas!!

 

mércores, 4 de xullo de 2018

Bailes e actividades en inglés

Continuamos nas Mañás de Campamento coas actividades previstas. Dentro da temática de ecoloxía, estivemos empezando cun pouco de vocabulario propio. Tamén tivemos tempo para facer coreografías e exercicios de equilibrio todos xuntos.

 


Mochila con roupa para actividades e xogos con auga


Estimadas familias,

Ao longo do campamento, levaramos a cabo diversas actividades e xogos con auga, polo que vos lembramos, tal e como se indica na folla de normas de participación, á necesidade de que as e os participantes deixen na instalación unha bolsa, rotulada co seu nome, coas seguintes pertenzas:

  • Bañador
  • Chanclas
  • Toalla
  • Crema solar
Agradecemos que a fagades chegar canto antes, para que todas as persoas participantes nos campamentos poidan disfrutar das actividades.

martes, 3 de xullo de 2018

Actividades para a cohesión do grupo

Nestes primeiros días de campamento, estamos coñecéndonos e para iso é importante facer xogos e actividades xuntos que propicien as relacións coas demais persoas, aprendendo a respectar os seus ritmos e as súas ideas, para facer entre todos unha boa convivencia.
 
                   
 

Hábitos saudables nas Mañás de Campamento

A actividade física forma parte dos hábitos de vida saudable que tentamos promover nas Mañás de Campamento. Por esta razón, facemos actividades e xogos predeportivos que contribúen a integrar o exercicio físico nas nosas vidas, ao tempo que o pasamos ben e nos divirtimos.

 
 

Despedida Mañás de Campamento 2018

Celebraron unha gran festa de despedida, para clausurar este bonito tempo de convivencia:  CEIP Isaac Díaz Pardo: CEIP Sof...